Arredor da intervención social en Lugo

Lugonovo contou coa colaboración de PROSERSO para incluir no seu numero anual da revista “Lugo Novas” un artigo no que se fan unha serie de reflexións sobre a Intervención Social en Lugo, e que deixa en evidencia a falta de implicación e apoio dos poderes públicos na posta en marcha de programas de inclusión e, en definitiva, dunha seria aposta polos servizos sociais comunitarios. Agradecemoslles a oportunidade e a sua confianza. Tedes acceso ao contido do mesmo na seguinte ligazón:

Artigo Proserso Lugonovas Decembro 2017

Manifestación en defensa da Sanidade Pública o vindeiro 18 de novembro

Cartel anunciando a manifestaciónAnte o destrozo e o ataque que está a sufrir a nosa sanidade pública, tanto polos gobernos central e autonómico, como pola patronal integrada en ASPE e as multinacionais que compoñen a Fundación IDIS, as persoas que formamos parte da Acampada Contra a Pobreza de Vigo, Alternativa dos Veciños, Asociación de Pacientes do C.H.U.S., ATTAC Coruña, o sindicato CGT de Galicia, o sindicato COBAS, a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública A Coruña, Corrente Vermella, o sindicato CUT, a Fronte Cívica de A Coruña, GalizAmbulancia, Asociación Cultural Lar de Unta de Betanzos, as Marchas da Dignidade de Galicia, o sindicato PROSAGAL, PROSERSO, o sindicato Sagap, S.O.S. Meixoeiro e VAMOS! GALICIA concluímos que é necesaria unha resposta inmediata e contundente de toda a cidadanía galega para tratar de frear esta destrución controlada e programada do noso sistema sanitario.

Por isto facemos un chamamento a tódalas organizacións sociais, políticas, sindicais e a toda a cidadanía a que se unan a esta mobilización.

A intención da Xunta de Galicia de reformar a Lei de Saúde desbaratando 4 áreas sanitarias, e convertendo a milleiros de cidadáns en “pacientes de segunda” dando entrada de xeito oficial ao sector privado no eido da investigación e da formación na saúde, reducindo a participación nos consellos de saúde de colectivos sociais, a aprobación do decreto de tempos máximos de espera que consolida e garante o traspaso de fondos da sanidade pública á privada, as medidas extremas en recorte de persoal e un aumento insostible da precariedade laboral, o peche sostido de camas e unidades enteiras, o abandono do plan de mellora da atención primaria, a privatización de servizos da sanidade que seguen a pasar a mans privadas… son elementos moi graves que merecen unha rotunda e clara resposta por parte da sociedade.

Queremos que sexa unha mobilización de todas e todos, de tódolos colectivos que loitan pola defensa dunha sanidade 100% pública, de todo o conxunto da sociedade galega, para que o noso berro se escoite en toda Galicia.

Neste momento é precisa máis que nunca a unidade de todas e todos.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE !!!

VULNERACION DOS DEREITOS LABORAIS NA ADMINISTRACIÓN

A data de hoxe todas/os temos coñecemento da caotica situación na que se atopa a administración pública e, no caso concreto do que imos falar, as irregularidades e a inestabilidade no referente a cobertura dos postos de traballo, moitos deles postos que pola sua natureza precisan de estabilidade de quen os ocupe ao mesmo tempo que dunha formación especifica acorde co traballo a desenvolver.

Vaia por diante que a forma doada de chegar a administración é acceder mediante un concurso publico transparente e xusto. A estabilidade no posto de traballo leva parella un exercicio profesional de calidade que é o que beneficia ao total da cidadania.
Pois ben, a realidade é ben distinta, a oferta de emprego público é mínima, e as Admnistracións enchense de persoal eventual en formas contractuales do máis diversas e variopintas.

Recentemente no IMELGA (INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA), que precisa de máis profesionais, concretamente traballadores/as sociais e psicólogos/as, conséguese unha modificación da RPT da Consellería de Presidencia AAPP e Xustiza , publicada no DOG do 31 de marzo de 2017, para toda a Comunidade Autónoma, aumentando os equipos en duas prazas por provincia excepto en Santiago de Compostela con catro. Estes equipos de nova creación, que se suman aos xa existentes, están integrados por psicóloga/o e traballador/a social e que ao ser unha modificación da RPT a sua cobertura se ten que realizar polo sistema de adscripción temporal, regulado no art. 7.5.a) do Convenio Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia e se oferta a través do Portal do Empregado ,”Portax”, neste caso entre o 31/03/2017 ao 6/04/2017. A pesar do respaldo legal que supón un Convenio Colectivo nunca se publica unha listaxe que reflicte de xeito público o nome dos/as traballadores/as que solicitan estas adscripciones e a quen se lle concede e con qué criterio. Ata agora o mérito principal é a antigüidade na Administración publica.

En todas as provincias, exceptuando na Xefatura Territorial de Politica Social da Coruña, as prazas vanse cubrindo dentro da normativa, con algunos atrancos de inicio pero sempre garantindo os dereitos dos traballadores con praza en propiedade. Estas prazas supoñen para os traballadores ademais dun incremento do seu salario , unha notoria mellora de emprego.

Na Xefatura Territorial de Politica Social da Coruña, ao persoal proposto para esta adscripción se lles nega dende u principio o dereito de movilidade e mellora profesional segundo se lles informa o día 27 de abril de 2017 de xeito verbal, o mesmo día no que teñen coñecemento da sua selección feita dentro da mais absoluta legalidade e transparencia. Compre decir que se a cobertura non se fai mediante adscripción tense que facer a través da lista de vacantes, e dicir, de persoal non fixo na Administración.

Dende PROSERSO tivemos coñecemento de que se fixeron diversas interpelacións ao Presidente da Xunta de Galicia; Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Adminstracións Públicas e Xustiza, Conselleiro de Politica Social, Director Xeral de Función Pública, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Adminstracións Públicas e Xustiza, máxime cando o día 12 de xuño se lle comunica ao persoal seleccionado que se lles ten feito un contrainforme favorable para a sua incorporación ao IMELGA.

Prodúcese tamen unha movilización sindical reclamando o cumprimento do art.7 do V Convenio Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia. En concreto a formación sindical UGT, nun escrito que achega ao Secretario Xeral da Conselleria de Politica Social, fai fincape que isto xa aconteceu máis veces na Xefatura Territorial de Politica Social da Coruña.

En data 15 de xuño de 2017, no eido da Comisión 5ª do Parlamento de Galicia (Sanidade, Política Socia e Emprego 2.4 10/POC-001653 9577) levouse a cabo unha interpelación (https://www.youtube.com/watch?v=5U4bin1 3RM, BOPG n,um 124, do 07/06/2017) sobre a adscripción aos devanditos postos de traballo no IMELGA por parte dos Técnicos da Consellería de Política Social da Xefatura Territorial de A Coruña onde públicamente se conclue que os informes favorables están feitos e que a incorporación destes traballadores aos postos solicitados sera inminente.

A nosa información é que a data de hoxe estes traballadores non saíron na adscripción para a que foron propostos, as prazas do IMELGA de A Coruña cubríronse dende a lista de vacantes e non parece que vaia a facerse a xusta reparación aos traballadores da Xefatura Territorial de Politica Social de A Coruña que, propostos nun marco de legalidade e transparencia, se lles nega o dereito a mobilidade e mellora de emprego, máxime cando temos coñecemento de que a outros traballadores da Comunidade Autonoma Galega se lles autorizou o cambio de posto de traballo en cumprimento dos acordos establecidos e polo tanto dentro do marco da legalidade.

Hai unha definición que presuntamente contén o acontecido, ¿estamos presuntamente ante un caso de prevaricación? Estamos ante un caso dunha decisión desmedida por quen exerce funcions de mando que orixina un perxuizo de grandes dimensions non so a dos/as traballadores/as, senon a todo o conxunto ao ignorar de xeito arbritrario os acordos con quen representa ao conxunto de traballadores e ao contemplado no V Convenio Único que é o garante das obrigas contractuales e recíprocas entre Administración e traballadores.

A falta de verdade e coherencia no marco dunha interpelación parlamentaria onde esta representada o total da cidadania, onde chega a voz do pobo a través dos seus representantes reflicte, entre outras cousas , a falla de respeto as institucións democráticas por quen falta a verdade, asi como unha constatación máis da quebra das institucións que conforman o marco dunha democracia e dun estado de dereito.

Manifesto en contra das concertacións e privatizacións dos servizos públicos da Xunta de Galicia

As/os traballadoras/es sociais que formamos parte de PROSERSO (Plataforma en defensa da profesionalizacion dos servizos sociais nas Administracions Publicas) queremos manifestar a nosa absoluta repulsa ás concertacións e privatizacións sobre os servizos sociais que o goberno actual da Xunta está implantando en colaboración coas entidades financieiras.

Hai xa moitos exemplos, pero por salientar algúns entre os mais recentes, temos “Dedaleira”, que é un servizo de atención afectivo sexual e de detección de delitos contra a identidade sexual das persoas con discapacidade, cofinanciado pola Obra Social La Caixa, e o de Caixa Proinfancia de atención ao colectivo de menores, da Obra Social La Caixa, no cal poñen en mans dos bancos a atención dos menores en situación de risco e desprotección, prestando atencións psicoterapeuticas, reforzo educativo e familiar, axudas económicas, tempo de lecer etc, resultando unha volta atrás na que as caixas de aforros na década dos anos trinta do siglo XIX se configuraban como entidades de beneficencia.

De feito no convenio da Xunta coa Fundación La Caixa amosan o seu perfil asistencial-benéfico con frases como: “dado que los niños y niñas que crecen en la pobreza o exclusión tienen menos posibilidades de tener un buen rendimiento escolar, gozar de buena salud y aprovechar todo su potencial en las fases posteriores de su vida”.

Por outra banda, xa non é que as entidades financieiras asuman a prestación de servizos sociais, senón que neste caso, convírtense en coordinadores dos profesionais da administración pública, o cal xa é o colmo por aquelo dun mundo ao revés.

Entendemos que unha cousa é que a Xunta concerte con ONGes e outra que sexan estas as que dirixan as intervencións a nivel da prestacións dos servizos sociais e sexan as encargadas de realizar estudios territoriais das situación de vulnerabilidade social e exclusión, aínda que a finalidade como ben di o convenio sexa “optimizar los recursos económicos públicos y privados que se adopten”.

A todo isto, dicir que este programa por exemplo na zona de Lugo non é extensible a toda a provincia senón só a dous barrios de Lugo, co cal o Goberno da Xunta deixa en desigualdade ás familias e menores segundo en que barrio, vila ou cidade vivan.

Rexeitamos e negámonos a que a Administración non asuma as súas competencias e deberes con menores e coas familias en situación de vulnerabilidade e a que sexan as entidades financieiras, que precisamente foron as maiores causantes da situación xeralizada de pobreza e de exclusión de menores e as súa familias as que se encarguen agora da atención e prestacións de servizos sociais destes colectivos e doutros na mesma situación.

Négamonos a facilitar calquera maniobra ou a realizar actividades que vaian encamiñadas a facilitar dita atención por parte dos que foron no seu momento maltratadores e xeradores dunha situación insostible para moitas familias.

Estes programas non xeran dereitos nin para os profesionais que si queren poden tomar a decisión de non derivar, nin para os propios usuarios dos servizos sociais, que estarán supeditados a que entidades financieiras privadas podan ou queiran ofertar no seu momento cos criterios que mellor lles parezan, e non cos obxectivos e principios da Lei de Servizos Sociais de Galicia.
Un dos principios xerais reflectidos na mencionada Lei, e polos que o sistema galego de servizos sociais se rexirá, é o contido no seu apartado c:

“Responsabilidade pública: os poderes públicos garantirán o dereito subxectivo, universal e esixible aos servizos sociais con criterios de igualdade e equidade, mediante a dispoñibilidade de servizos sociais públicos a través da regulación e achega dos medios humanos, técnicos e financeiros e dos centros necesarios.”

PROSERSO Lugo

PROSERSO: Curtametraxes

A plataforma PROSERSO presenta estas tres curtametraxes coas que  quere reflectir de xeito visual e breve o desmantelamento do estado de benestar social: enganosa publicidade de axudas e prestacións que non existen ou son ineficaces,  que  teñen numerosos obstáculos no seu proceso de solicitude que dificultan a sua obtención, inaccesibles pola lentitude e farragosidade dos procedementos, con incongruentes requisitos, privatización de servizos, inexistencia de atención persoal, en moitos casos; e acompañados dunha nula ou escasa intervención profesional, o que era a base dos servizos sociais.

A plataforma PROSERSO reivindica uns servizos sociais públicos, profesionais, de calidade, áxiles e accesibles.

 

Maltrato: acción, omisión ou trato neglixente, que prive a unha persoa dos seus dereitos e do seu benestar, os seus autores poden ser persoas, institucións ou a propia sociedade.

A FALTA DE ATENCIÓN AOS COLECTIVOS MÁIS VULNERABLES, APROVEITANDO A SUAS LIMITACIÓNS PARA A DEFENSA DOS SEUS DEREITOS, FAI DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA GALEGA E DOS SEUS DIRIXENTES, CÓMPLICES E EXECUTORES DESTE MALTRATO INSTITUCIONAL. 

Un pobo que non protexe aos débiles conten unha sociedade enferma. 

 

Aprendemos a construir o noso andar vital baseándonos , entre outras, nas ensinanzas que adquirimos. Coa chegada da democracia ensinaronnos que nacia unha Administración Pública con recursos humanos e materiais ao servizo do ben común e das necesidades da cidadania, e que isto o faria con calidade e calidez, máis o que veu de medrar é unha Administración enferma do síndrome de Goliat, fría, ríxida e altanera, cun tinte ameazador, agresivo e prepotente, cunha autosuficiencia que lle impide ver as necesidades reais dos seus administrados e a sua vulnerabilidade, que ela mesma provoca. Pero coidado , toda enfermidade xenera resistencia e a capacidade da cidadanía para defenderse é una excelente cura.

 

Fai ben pouco o SERGAS elaborou e publicou un “MANUAL DE ESTILO DE LOS PROFESIONALES DEL SERVICIO GALLEGO DE SALUD. RECOMENDACIONES PARA UNA COMUNICACIÓN EFECTIVA CON EL PACIENTE” coa colaboración do Consello Asesor de Pacientes que é un organo de asesoramento da Conselleria de Sanidade. Dito manual recolle textualmente o seguinte:

“Los pacientes precisan sentirse acogidos de manera personalizada, lo que implica comunicarse de forma clara, efectiva y próxima. Con esto se establecen lazos que se traducen en una mayor confianza, lo que favorece la mejora de la comunicación y, como consecuencia, la fluidez de la información necesaria para conseguir una atención sanitaria eficiente”…..

 

Sobran as palabras……..

O noso agradecemento a Mar Freire, que filmou e editou os tres videos que vedes

REFLEXIÓNS DUNHA TRABALLADORA SOCIAL CALQUERA.

Recentemente e logo de escoitar o exposto nun pleno municipal do Concello de A Coruña, escribo estas liñas, non por este feito en si (plenos hai moitos, e declaracións a todos os niveis políticos que me inspiren, hai moitas), senón a modo de introdución do que expoño. Como é costume, estes plenos discorren entre liortas de “ti máis”, “ti peor”, “eu máis”, “eu mellor”, en case todos os temas. No que atinxe aos Servizos Sociais, asistimos a unha exposición consistente en enumerar o que está a facer o goberno actual, fronte ao seu antecesor.

Así pois, imbúense nunha lea baseada, entre outras cuestións que eles consideran de relevancia, nas “listas de agarda” para que un cidadán sexa atendido nos Servizos Sociais por un/unha Traballador/a Social, e faise alarde de ter “liquidado” tales listas, como se de maxia se tratase, e dando a entender para todos aqueles profanos no tema, que unha atención inmediata ao cidadán soluciona os seus problemas e demandas automaticamente.

Tal é así, que verdadeiramente o cren, a ciencia certa, convencidos e plenamente cheos de razón; que o cidadán de a pé, pensará nunha atención inmediata nos servizos sociais como unha especie de milagre, de feitizo sanador e remediador de todos os males, e ademais ¡de xeito inmediato!

Pois ben, claro que o cidadán acode con tales expectativas, pois ninguén lles explicou en que consiste esta atención inmediata. Que efectivamente se lles escoitará no mesmo día, o que claramente é un acerto, pero que é na meirande parte dos casos o primeiro chanzo dun proceso de intervención social.

Imos ao lío. Aí está o tema. Intervención Social. Traballo Social. É nesta parte onde se produce o choque de trens. Nós as/os Traballadoras/es Sociais, facemos iso, Traballo Social.

Algo tan obvio para o noso colectivo, e tan descritivo no propio termo etimoloxicamente, non o é tanto para os nosos Concelleiros e Concelleiras, incluso ás veces para os nosos directores, coordinadores, xefes de sección, xefe de área, de unidade, e outros tantos.

Inequívocamente, vivimos en tempos de retroceso e involución no chamado Sistema de Benestar Social, case o temos asumido, despois de ter que capear cunha crise e ver, algúns por primeira vez, a materialización da caridade, da beneficencia, e o incremento da filantropía (termos que coñeciamos por ter estudado na Universidade tales vestixios da historia da nosa profesión) en detrimento dos depauperados dereitos sociais.

Na nosa profesión estamos formados e cualificados para o traballo coas comunidades, familias e persoas na procura das súas potencialidades, somos instrumentos xeradores da súa propia mellora, como axentes mediadores, acompañantes nestes procesos e xestores dos seus dereitos, si, dereitos.

Vivimos actualmente coa frustración de ter reducida a nosa labor a xestionar a pobreza (non se incluía en ningún plan de estudos do Traballo Social, materia ningunha en relación coa administración da caridade, da esmola, do reparto da beneficencia). A nosa profesión é outra.

Acotío saliéntase nos medios de comunicación, a colaboración entre a Administración e a Entidades do Terceiro Sector, así como de traballos conxuntos e acordos entre elas.

Rara vez, nestas comparecencias se fala da diferenza entre o labor destas entidades benéfico asistenciais e o traballo PROFESIONAL que se realiza desde a Administración Pública, e da que o cidadán ten o dereito a se beneficiar. Van tan en consonancia que parecen dar a entender, e de feito así o entenden, que ambas teñen as mesmas funcións, que colaboran para o mesmo fin. É neste punto onde se dilúe a conciencia do exercicio de DEREITOS nun Estado de Benestar, e que as Administracións Públicas teñen a obriga de prestar ao cidadán, a diferencia dos servizos de asistencia e filantropía que prestan entidades do terceiro sector.

De acordo a este modelo benéfico, paternalista e asistencial, está claro que para xestionar pobreza non é preciso un/unha Traballador/a Social, o cura da parroquia, a veciña da asociación, os voluntarios de entidades… e calquera persoa con boa vontade e capacidade mínima, fan unha labor loable, eficiente e necesaria neste sentido.

Continúa a ser abraiante como a sociedade, os poderes públicos (e sen ter en conta a cor política do que se trate), sucumben ante este vello (e tan vello) modelo de loita contra a pobreza.

Este modelo que parece ter arraigado como a peor das especies invasivas de tal xeito, que algúns Traballadores Sociais, sentímonos ata extraterrestres, cando explicamos (reiteramos ata o aburrimento, a saciedade, a fatiga… ), cales son as nosas funcións e que non recibimos un salario por xestionar prestacións económicas, coma se de caixeiros automáticos se tratase.

E de aí enganchamos coa teima eterna de que non entendan a especificidade da nosa profesión, que desde ese punto de vista, calquera outro profesional dos servizos sociais está sobradamente capacitado para realizar as mesmas funcións.

E volta a fomentar o intrusismo profesional ante o desbordamento de tarefas dos Traballadores Sociais. Como non dan abasto, outros profesionais poden facer o mesmo, segundo eles.

Para os lectores alleos á profesión voulles poñer un exemplo: Cando o médico non teña cita dispoñible e estea desbordado de atención, que o atenda o enfermeiro, celador, dentista, xinecólogo… ou calquera outro profesional sanitario, que algo do tema saberá. Iso si, xa se sabe que cando non atope resposta, ou noutros casos empeore o paciente, terá que pasar irremediablemente por un médico que valore a situación sanitaria, de xeito integral e global.

Retomando o modelo asistencial, se deixaran un intre ese punto de vista, comprenderían señores políticos e demais, que as listas de agarda non se acaban. O cidadán que é atendido hoxe de xeito inmediato, mañá volve a estar na cola. ¡Que obvio resulta escribir que as persoas teñen que dar cobertura ás súas necesidades básicas de xeito diario! Porén, estarán na lista de agarda cada vez que o precisen, porque é onde atopan resposta ás súas necesidades.

Están vostedes fomentando a dependencia das persoas, da axuda graciable que as entidades lles presten, dos modelos de axuda “de emerxencia” (que se converten en perpetua situación de emerxencia) e das rendas económicas que implantan nos servizos sociais. Falan de recursos sociais, rendas, albergues, comedores, realoxos… recursos que “dan solución”. Recursos asistenciais.

Por suposto, recursos asistenciais necesarios e todos benvidos pero, lembremos a Maslow; somos conscientes do primeiro nivel de atención que todos precisamos. Mais señores, están vostedes a instaurar a atención social unicamente nese primeiro nivel, sen prestar atención a todas as necesidades que unha persoa, comunidade e sociedade precisa. Non se lle permite á persoa aspirar a dar cobertura aos seguintes chanzos da pirámide, porque o necesario e cuantificable, é atender as necesidades básicas de forma urxente. Non se fomenta, nin valora, nin se require por parte das Administracións Públicas en resumen, o Traballo Social.

Se temos ás persoas en listas de agarda inmediatas ou non, para dar cobertura ás súas necesidades máis básicas, non están a pensar máis aló, perden a súa autonomía e son plenamente dependentes e alienados daqueles que lles “dan”, non se lles chega a dar a opción de acadar a independencia e autonomía para a súa auto realización.

Levamos anos tratando que os usuarios denominen á nosa profesión polo seu nome; “Traballo Social”, e deixen de empregar expresións como “estoy en la asistenta”, “la asistenta me va a echar la ayuda”, “quiero cambio de asistenta que no me ayuda nada”. Ás veces pérdense os folgos e a esperanza, e xa dan gana de ir ao Ministerio de Educación a que, en virtude da situación das políticas sociais actuais, substitúan a titulación de Traballo Social por “Asistencia económica” ou directamente “Expendedora de vales” e dar por bo o emprego da nomenclatura dos usuarios.

Señores políticos de todos os partidos, xefes de área, xefes de sección, coordinadores, directores de centros, de unidades…. A ningún de vostedes oín falar das persoas e familias que deixan de estar nas listas de agarda, que xa non precisan de axuda e deixan de depender dos servizos públicos, que son quen de xestionar as súas vidas e que acadaron o necesario empoderamento para resolver por si mesmas as súas dificultades, que recuperan a autoestima, a dignidade e retoman a vida participativa e aportan á sociedade.

Acadar isto, señores, traballar e fomentar isto, é a NOSA PROFESIÓN, facer libres ás xentes e autónomos para exercer os seus dereitos, promover o cambio social e incrementar o Benestar. É aquí onde é necesario un/unha Traballador/a Social, pola nosa formación inter disciplinar e que nos capacita e habilita para elo. Non é a nosa labor contribuír a manter á xente como seres alienados, dependentes de axudas e falando claro, de esmolas. Nin fomentar deste xeito as desigualdades entre os que “poden dar” cos que “piden”, facendo así unha sociedade cada vez máis desigual.

Non descubro nada novo: “Dale a un hombre un pez y comerá un día. Enséñale a pescar y comerá toda la vida”.

P.D. Que canso ter que explicar todo isto, os colegas me entendedes.

Asdo. Alba Silva Sánchez.

Unha sentenza xudicial subliña a inverosimilitude dun requisito da Lei de Inclusion Social de Galicia

Nos traballos realizados polo grupo de RISGA  desta plataforma, e tal e como ben apunta o xornal Praza Publica,faciase fincapé na aplicación restrictiva e perxudicial  do art.11 da Lei actual de Inclusión social . Esta sentenza é un logro cara a facilitar a inclusión e mellora das condicions de vida das persoas que por diversos motivos teñen que recurrir  á prestación como único recurso para garantir a cobertura das necesidades mais básicas e que teñen que loitar contra unhas esixencias e unha actitude fiscalizadora de quen ten que promover politicas mais xustas e mais acordes coa realidade actual e que pola contra dita normas que se prestan a interpretacions perversas na sua aplicación.

Neste punto e con relación á lei anterior de RISGA , na que estaba moi ben definido o relativo ás unidades de convivencia, asi coma noutros puntos da lei, houbo un  importante retroceso que, unido a  unha falta de desenvolvemento normativo , esta perxudicando gravemente á cidadania.

Parabens e a continuar na procura duns servizos sociais publicos  e de calidade .

Leer a noticia en Praza Pública

 

 

 

 

TRABALLO SOCIAL E SERVIZOS SOCIAIS: Unha análise do presente e futuro dende a práctica.

Na actualidade e pola evolución dos servizos sociais deberiamos estar asistindo a consolidación destes como cuarto pilar do estado de benestar. Sen embargo, na práctica se aprecia non só a inexistencia desta consolidación e expansión senon o retroceso total a todos os niveis e o progresivo desmantelamento da actual configuración e funcionamento.

Dende a práctica pois observase unha involución: retroceso a niveis incluso equiparables á beneficiencia pública.

CARACTERÍSTICAS RESEÑABLES DOS SERVIZOS SOCIAIS NA PRÁCTICA

  • Burocratización. Excesiva necesidade de traballo burocrático. Impide traballo preventivo, comunitario, de real intervención social, priorizándose exclusivamente a obtención de recursos económicos.
  • Externalización. En todos os ámbitos, dende axudas económicas, menores, atención a maiores e discapacidade, entre outros.
    A Lei de racionalización da administración pública (2014) axuda precisamente ao fomento da externalización.
  • Desprofesionalización das administracións públicas: non personal experto en servizos sociais. Eliminación de traballadores/as sociais en diversos ámbitos e ampliación dos colectivos a acceder a postos reservados a traballadores/as sociais (ex.:EVO). : aumenta a arbitrariedade na aplicación da lexislación, seguemento estricto de directrices, menor calidade de atención e intervención, nula coordinación interadministrativa.
  • Abandono de funcións do estado como garante dun sistema público de servizos sociais e de deber de atender á cidadanía nas súas necesidades básicas. Delegación en entidades do terceiro sector pasando a ser as funcións das administracións residuais as de estas e non a inversa.
  • Pérdida do rol da persoa como cidadán de dereito.
  • Arbitrariedade e indefensión.

ESTRATEXIAS PARA FREAR O DESMANTELAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS

  • Traballador social: é e debe ser un axente transformador e movilizador do cambio social. Obrigación de visibilizar a situación e defender os dereitos da cidadanía.
  • Individualmente: empoderando á cidadanía. Informando, presentando escritos individualmente, recursos administrativos, recursos colectivos, valedor do pobo.
  • Colectivamente: a través do colexio profesional denunciando situacións pero principalmente a través de plataformas reivindicativas. De ahí nace PROSERSO. (www.proserso.org) como plataforma en defensa da profesionalizacion dos servizos sociais nas administracions publicas como garante do mantemento dunha atencion integral de calidade a todos os niveis.